DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31086

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de maio de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia e persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (grupo II).

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 97, do 21 de maio de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 30300, onde di:

«Víctor Gallego Vicent, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1».

Debe dicir:

«Víctor Gallego Vincent, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1».