DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/70-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción, declárase a utilidade pública do proxecto, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común do proxecto denominado regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 9 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Declaración de utilidade pública

Expediente: IN407A 2022/70-2.

Proxecto: regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes).

Concello: Cervantes.

Núm. de predio

Concello

Lugar

Cultivo

Titular

Datos de notificación

1

Cervantes

Sobrecor

Monte baixo

MVMC do Pando, Albares e Serrado

Descoñecido