DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/530-4 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo as resolucións dos expedientes de reclamación, despois de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sin efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas o día da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015.

Pontevedra, 8 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/530-4.

Interesado:

NIF: 35255222V.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/541-4.

Interesado:

NIF: X4310545T.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/568-4.

Interesado:

NIF: 44075293W.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/603-4.

Interesado:

NIF: 53860144D.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/615-4.

Interesado:

NIF: 11619725X.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2024/78-4.

Interesado:

NIF: 39515916F.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2024/81-4.

Interesado:

NIF: 36090391X.

Acto notificado: resolución.