De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.
A Coruña, 6 de maio de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
2023/0180-1 |
32827292J |
Citación para o recoñecemento |
11.4.2024 |
2023/5076-1 |
49684851K |
Citación para o recoñecemento |
17.4.2024 |
2024/6675-1 |
46914542Q |
Citación para o recoñecemento |
18.4.2024 |
2024/0791-1 |
Y1477998D |
Citación para o recoñecemento |
18.4.2024 |
2023/7442-1 |
32762414H |
Citación para o recoñecemento |
17.4.2024 |
2023/1346-1 |
47384369E |
Citación para o recoñecemento |
18.4.2024 |