DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30835

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas e se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.

Mediante a Resolución do 3 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 12 de xullo), convocouse o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.

Mediante a Resolución do 21 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 3 de outubro) declarouse con carácter provisional as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo.

A base sexta da resolución de convocatoria establece un prazo de emenda para as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada, así como para poder corrixir o defecto que motivou a exclusión.

Na base sétima da dita resolución disponse que o tribunal cualificador será nomeado pola autoridade convocante, e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta e de conformidade coas bases sexta e sétima da resolución de convocatoria, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso, á condición de persoal fixo da categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.

Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear, con efectos da data desta resolución, os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso, na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral), convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 3 de xullo de 2023, e que se relacionan no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, que sexan de aplicación atendendo ás particularidades do proceso, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Enfermeiro/a especialista en saúde mental

Presidente titular

Andrés Fernández Iglesias

Persoal estatutario diplomado

Enfermeiro especialista en saúde mental

Secretaria titular

María José Ríos Carro

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo xestión da función administrativa

Vogal titular

José Antonio Carreira Losada

Persoal estatutario diplomado

Enfermeiro especialista en saúde mental

Vogal titular

Belén Maside Oliete

Persoal estatutario diplomado

Enfermeira especialista en saúde mental

Vogal titular

María del Carmen Vallejo Curto

Persoal estatutario diplomado

Enfermeira especialista en saúde mental

Presidente suplente

José Miguel López Troncoso

Persoal estatutario diplomado

Enfermeiro especialista en saúde mental

Secretario suplente

Daniel González Ramos

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo xestión da función administrativa

Vogal suplente

Lorena Sobaco Abad

Persoal estatutario diplomado

Enfermeira especialista en saúde mental

Vogal suplente

Ramón Servando Veiga Freire

Persoal estatutario diplomado

Enfermeiro especialista en saúde mental

Vogal suplente

Belén Rodríguez San Adrián

Persoal estatutario diplomado

Enfermeira especialista en saúde mental