DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cabana de Bergantiños (expediente DH.A15.93212).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Mª del Pilar Pose Anido (DNI ***0878**).

Volume total anual: 246 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,083 l/s.

Orixe: manancial na parcela 15014A043005030000AY.

Destino: uso doméstico na parcela 15014A041004380000AX.

Lugar: Leas.

Parroquia: O Esto (San Xoán Bautista).

Concello: Cabana de Bergantiños.

Descrición do aproveitamento:

A auga cáptase do manancial de Fonte Leas na parcela 503 do polígono 43 para abastecemento da vivenda na parcela 438 do polígono 41.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 15 de abril de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte