DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30645

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión do posto de Xefatura de Inspección e Procedementos Sancionadores do Organismo de Recadación da Administración Local (ORAL).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 78, do 22 de abril de 2024, publicáronse as bases da convocatoria de provisión do posto de Xefatura de Inspección e Procedementos Sancionadores do ORAL.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 25 de abril de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2024002173, do 15.3.2024)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos, Transparencia
e Administración Xeral