DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado Provincial de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA VLG807 no lugar de Casal, no concello de Sanxenxo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA VLG807 no lugar de Casal, que se realizarán na casa do concello de Sanxenxo, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 7 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/278-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMTA VLG807 no lugar de Casal.

Concello: Sanxenxo.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36051A055016250000FK

Viñiña

Descoñecido

20 de agosto de 2024

13.00

2

36051A055015900000FL

Canivelas

Descoñecido

20 de agosto de 2024

13.00