DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30298

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Resolución do 20 de outubro de 2023 (DOG núm. 205, do 27 de outubro) encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 14 de marzo de 2024 (DOG núm. 60, do 25 de marzo), pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, en sesión que tivo lugar o 18 de abril de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as alegacións recibidas.

Segundo. Publicar esta resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2024

Fernando Martínez Quindimil
Presidente do tribunal