DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30230

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2024, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia para a promoción e a mellora da comercialización do mexillón certificado DOP no ano 2024.

160.000 €

2.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a asociación Clúster Alimentario de Galicia para a mellora competitiva das empresas do mar no ano 2024.

99.250 €

11.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2024.

149.000 €

12.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia para o financiamento dos gastos correntes que se produzan no ano 2024 derivados das actividades que desenvolva o Consello.

40.000 €

17.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Organización Interprofesional Pesqueira Interfish-España para a promoción e a mellora da comercialización das especies pesqueiras incluídas no recoñecemento desta organización no ano 2024.

113.025 €

24.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2024.

111.000 €

1.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2024.

111.000 €

1.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2024.

8.000 €

1.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2024.

60.000 €

2.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2024.

111.000 €

2.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Exportadores y Transformadores de Productos de la Pesca y Acuicultura (Conxemar) para a promoción e a mellora da comercialización de produtos conxelados da pesca nos anos 2024 e 2025.

605.000 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Autoridade Portuaria da Coruña para a cesión de uso e posta á disposición dos locais SDO1G, SDO1N, SDO2F e SDO2G na dársena de Oza no porto da Coruña.

Sen custo económico

26.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro e, igualmente, a difusión de informacións diarias sobre a actualidade do sector no ano 2024.

100.000 €

28.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para establecer as condicións de colaboración, coa finalidade de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores.

27.000 €

24.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña para establecer as condicións de colaboración coa finalidade de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da súa competitividade.

16.000 €

24.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración coa finalidade de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da súa competitividade.

16.000 €

24.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración coa finalidade de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial, a visibilización do seu sector e a mellora da súa competitividade.

5.000 €

24.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración coa finalidade de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar a mellora da competitividade, tanto da propia Federación como do sector pesqueiro de Lugo.

16.000 €

25.4.2023