Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: reforma CT 11001 Viladonga.
Situación: concello de Castro de Rei.
Características técnicas principais:
• LAT aérea con orixe no apoio existente A98035 e final no apoio proxectado C-2000-12, cunha lonxitude de 35 metros en condutor LA-30.
• LAT soterrada con orixe nun PAS situado no apoio proxectado C-2000-12 e final no CT prefabricado baixo poste Viladonga, cunha lonxitude de 20 metros en condutor heprz1-150.
• CT prefabricado baixo poste Viladonga, cunha potencia máxima admisible de 250 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 37.537,92 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Castro de Rei.
• Separata para a Consellería do Medio Rural.
Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, do Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 7 de maio de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo