DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 2 de maio de 2024 relativa ás instalacións eléctricas no concello de Toén (expediente IN407A 2023/235-3).

Mediante a Resolución do 2 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, das instalacións eléctricas no concello de Toén (expediente IN407A 2023/235-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/235-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6 entre os apoios nº B7L317BN (13471479) e nº B7EBAAO7//D195-24 (13061228). Toén (Ourense).

Concello: Toén.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32082A027000250000LE.

Lugar: Bouzoás.

Cultivo: viñedo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. B7J26GMB//D195-22.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 2082A027001870000LS.

Lugar: Bouzoás.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. B7HFJ5W1//D195-23.