DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 29 de abril de 2024, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02545-O-2020).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do recurso de alzada presentado no expediente sancionador número XC-02545-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta devolveuse polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, de 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

Resolución do recurso

XC-02545-O-2020

6738-KFL

77411285R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.5.2020; 9.24; AP-9; 67,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

Desestimado