DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de declaración mineromedicinal e termal das augas procedentes da sondaxe denominada P-1 Seminario, no concello de Ourense.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense dá a coñecer que, o 16.11.2018, o Seminario Diocesano de Ourense solicitou a condición mineromedicinal e termal das augas procedentes da sondaxe denominada P-1 Seminario, sita no termo municipal de Ourense, coas seguintes coordenadas ETRS89: X=592.226, Y=4.688.375.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta publicación producirá os efectos da notificación, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 11 de abril de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense