DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 25 de maio de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Gandarela, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán, da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra.

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 29146, onde di: «Ref. catastral: 36900A013002830000QX.», debe dicir: «Ref. catastral: parte da ref. 36900A01300283 e parte da 36900A01300481.».