DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a dous interesados/as os trámites de audiencia en relación coas modificacións ao acordo de concentración parcelaria da zona de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Dirección Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra, teléfono 886 20 66 52), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 6 de maio de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MA_OFI_001

35344376T

Trámite de audiencia

MA_OFI_001

35391167D

Trámite de audiencia