DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29873

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de finalización do proceso selectivo e contratación como persoal laboral fixo (auxiliar administrativo do Xulgado de Paz).

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 243 do 18 de abril de 2024, acordouse realizar a contratación como persoal laboral fixo para obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo con expediente 2022/E001/000041 (auxiliar administrativo/a do Xulgado de Paz) a favor de María del Pilar Peña San Martín, con DNI ***5974**.

O que se publica en cumprimento da base xeral número 13 e Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Contra a resolución da Alcaldía poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición, ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen perxuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Lousame,18 de abril de 2024

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa