DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29891

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión do posto de director/a de Infraestruturas e Vías Provinciais.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 75, do 17 de abril de 2024, publicáronse as bases da convocatoria de provisión do posto de director/a de Infraestruturas e Vías Provinciais.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 19 de abril de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2024002173, do 15.3.2024)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral