DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Avia (expediente IN407A 2020/61-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto e xuros de demora acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ás afeccións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB 804-CT 32A049 Muimenta, situada no concello de Carballeda de Avia.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos casos deben acompañar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 3 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2020/61-3.

Instalación: regulamentación LMTA ALB 804-CT 32A049 Muimenta.

Concello: Carballeda de Avia.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito

1

Regas

32019A085003790000SM

CMVMC Gaiteira, Lousado, Coto

Enderezo descoñecido

26.4.2024