DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 2 de maio de 2024 polo que se notifica a proposta de resolución con resolución sobre o arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio a proposta de resolución con resolución sobre o arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI/CIF

Acto que se notifica

20133200028-2022-11383

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia

76717278L

Proposta de resolución con resolución sobre o arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia