DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorgou unha concesión temporal de carácter experimental.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que mediante a Resolución do 29 de abril de 2024, da Consellería do Mar, se lle outorgou a Hq Seawed, S.L. unha concesión temporal de carácter experimental para o cultivo de kombu doce (Saccharina latissima), nas cuadrículas 61 e 62 do polígono Cangas D e 30 e 31 do polígono Redondela B, na ría de Vigo (expediente PE502D-2020-4).

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 7 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 138, do 21 de xullo.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica