DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Esposende II, situada no concello de Cenlle, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 30 de abril de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/84-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Esposende II.

Concello: Cenlle.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

10

Rodal 1000

32026A032010000000TT

CMVMC Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa

14

Santa Bárbara

32026A032001830000TY

CMVMC Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa