DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29057

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base 2.1.1.1 da convocatoria e co Acordo deste tribunal, do 4 de marzo de 2024, polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do exercicio da fase de oposición, na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de catro (4) persoas aspirantes, equivalente ao resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas e sempre que acaden un mínimo de vinte e tres (23) respostas correctas.

Subsidiariamente, de se dar o caso de que o número de aspirantes que superen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo de dezaoito (18) o número de respostas correctas, sempre que non se supere o número máximo de catro (4) persoas aspirantes determinado no parágrafo anterior.

No acceso libre superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de dezaseis (16) persoas aspirantes, equivalente ao resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas e sempre que acaden un mínimo de vinte e tres (23) respostas correctas.

Subsidiariamente, de se dar o caso de que o número de aspirantes que superen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo de dezaoito (18) o número de respostas correctas, sempre que non se supere o número máximo de dezaseis (16) persoas aspirantes determinado no parágrafo anterior.

Asignarase unha valoración de 45 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 45 e os 90 puntos, proporcional ao número de respostas acertadas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores se considerarán igualmente aprobadas.

Segundo. Realizada a corrección nas sesións do 10, 16 e 24 de abril de 2024, de acordo coas normas e criterios anteriores, na quenda de promoción interna asígnase a valoración de 45 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 39 respostas correctas.

O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 45 e os 90 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, as persoas aspirantes declaradas non aptas terán unha cualificación distribuída entre os 0 e os 44 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Acadaron a puntuación mínima de 45 puntos un total de 2 persoas aspirantes.

No acceso libre asígnase a valoración de 45 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 30 respostas correctas.

O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 45 e os 90 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, as persoas aspirantes declaradas non aptas terán unha cualificación distribuída entre os 0 e os 44 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Acadaron a puntuación mínima de 45 puntos un total de 16 persoas aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 16 de marzo de 2024, correspondente ao primeiro exercicio da oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base 2.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade coa base 2.1.1.2, respecto ao segundo exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, que posuían antes do día de finalización do prazo disposto na base 1.3 da convocatoria o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

No que se refire á exención da proba da lingua galega, xunto con esta resolución, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de persoal publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe das persoas aspirantes que, por teren acreditado a posesión do Celga requirido no proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e no proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

Sexto. De conformidade co disposto na base 4.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal