DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vigo (expediente DH.A36.97621).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Campio Salgueiro Estévez.

Expediente: DH.A36.97621.

Volume total anual: 197,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,15 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 67, polígono 212.

Lugar: O Freixo.

Parroquia: Valadares.

Concello: Vigo.

Descrición:

A auga cáptase mediante mina-galería e condúcese a depósito na parcela 58, polígono 212, para abastecemento da vivenda existente nela.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa ao enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 22 de marzo de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur