DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28653

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de agosto de 2023 pola que se convocan probas selectivas para cubrir seis prazas da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 169, do 6 de setembro de 2023, procede realizar a seguinte corrección:

Na páxina 51636, onde di:

«1.2. Do total de prazas convocadas na especialidade de bibliotecas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %. No suposto de que esta praza non se cubra, acumularase ás da cota xeral de acceso libre».

Debe dicir:

«1.2. Do total de prazas convocadas na especialidade de bibliotecas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %. No suposto de que esta praza non se cubra, acumularase ás da cota xeral».