DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 26 de abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Mazaricos (expediente IN661A 2010/010-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico A Ruña II, no concello de Mazaricos (expediente IN661A 2010/010-1), polo acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, a favor da entidade beneficiaria Eurus Desarrollos Renovables, S.L., con enderezo en Carreira do Conde, 2-1º B, 15701 Santiago de Compostela.

Esta dirección territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 17, 18, 22, 23, 24 e 29 de xullo de 2024, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Mazaricos, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 29.7.2015, no BOP do 6.7.2015 e no xornal La Voz de Galicia do 13.7.2015, acto que terá lugar nas dependencias municipais do dito concello e ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados ás que, igualmente, se lles practicará notificación individual, todo isto sen prexuízo de acudir aos predios se as persoas interesadas así o solicitan.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 26 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña