DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/253-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8 (O Saviñao), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 26 de abril de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8 (O Saviñao).

Convocatoria de levantamento de actas previas: Concello do Saviñao.

Expediente: IN407A 2022/253/2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Afeccións ml aér.

Afeccións m2 aér.

2

93

146

Cubela

Matogueira

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: hros. Antonio García Álvarez)

36,42

565,8

4

93

149

Chao

Matogueira

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: Isaac Sánchez López)

3,62

82,55

7

93

140

Cubela

Matogueira

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: Elia Taboada Expósito)

 

4,39

8

93

135

Cubela

Prados ou pradeiras

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: Manuel Sánchez Díaz)

58,52

897,75

12

118

84

Rañadoira

Prados ou pradeiras

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: Isaac Sánchez López)

36,61

585,25