DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-03/2024-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 26 de abril de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 15.3.2024)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-OU-03/2024-V

76728450J

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-07/2024-V

76730160K

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-08/2024-V

44493319A

44451158R

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-02/2024-V

34993272Z

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-09/2024-V

44446390V

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial