DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 21 de novembro de 2023, relativa á liña de evacuación 66 kV e posición de transformación de alta tensión Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña) e promovida por Engasa Lagoa, S.L. e Viruleiros, S.L. (expediente IN408A 2019/008).

Mediante a Resolución do 21 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, Consellería de Economía, Industria e Innovación, outorgouse a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica da liña e posición de transformación de alta tensión de evacuación a 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña), promovida por Engasa Lagoa, S.L. e Viruleiros, S.L. (expediente IN408A 2019/008).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar (Servizo de Enerxía e Minas), 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO I

Relación de persoas interesadas

Interesado/a

Acto que se notifica

Causa da devolución

Apelidos e nome

Andrés Canosa González

AAP,DUP, AAC

Descoñecido

Andres Rial Doval

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Carmen Canosa González

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Da Andrade Espasandín

AAP, DUP, AAC

Enderezo incorrecto

Domingo Blanco Suárez

AAP, DUP, AAC

Enderezo incorrecto

Eduardo Rial Calvo

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Emilio Santos Tejedor

AAP, DUP, AAC

Ausente

Encarnación Canosa González

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Enriqueta Santos Tejedor

AAP, DUP, AAC

Ausente

Feliciano Rial Castiñeira

AAP, DUP, AAC

Ausente

Genaro Enrique Currás Santos

AAP, DUP, AAC

Ausente

Herdeiros de Herminio Torreira García

AAP, DUP, AAC

Enderezo incorrecto

Herdeiros de Isolina Blanco Lois

AAP, DUP, AAC

Enderezo incorrecto

Herdeiros de Manuel Rial Costa (PTE recibo correos)

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Herdeiros de Olivia Espasandín Blanco

AAP, DUP, AAC

Enderezo incorrecto

Hilda Rial Castiñeira

AAP, DUP, AAC

Ausente

José Antonio Currás Santos

AAP, DUP, AAC

Ausente

José Carreira Landeira

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

José Manuel Abelenda García

AAP, DUP, AAC

Enderezo incorrecto

José María González Ramos

AAP, DUP, AAC

Falecido

José Silva Suárez

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

José Varela Costar

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Juan Recarey Mourelle

AAP, DUP, AAC

Non se fai cargo

Manuel Canosa González

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Manuel Mourelle Doval

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Manuela Doval Mourelle

AAP, DUP, AAC

Ausente

Manuela Rial Castiñeira

AAP, DUP, AAC

Ausente

María Carmen Espasandín Otero

AAP, DUP, AAC

Enderezo incorrecto

María Luisa Currás Santos

AAP, DUP, AAC

Ausente

Maximino Varela Amigo

AAP, DUP, AAC

Ausente

Ovidio González Romar

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Ramon Rial Souto

AAP, DUP, AAC

Descoñecido

Santiago Rial Castiñeira

AAP, DUP, AAC

Ausente

Titular do predio 42 do polígono 24, na parcela 513, no lugar de Pascual Oreiro no concello de Zas

AAP, DUP, AAC

AAP-autorización administrativa previa.

DUP-declaración de utilidade pública.

AAC-autorización administrativa de construción.