DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28463

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 29 de abril de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (código do expediente SAC020000115770001).

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria deben dirixirse á Consellería de Sanidade a través de medios electrónicos, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde, ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa petición un currículo e xustificar documentalmente mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarse deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. De conformidade co establecido no artigo 8 do devandito Decreto 151/2022, do 4 de agosto, o prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir na data que se determine mediante orde do conselleiro de Sanidade publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, en que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a data de publicación da dita orde.

Oitavo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Código do posto: SAC020000115770001.

Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel CD: 30.

Complemento específico: 24.547,18 €.

Corpo ou escala: xeral/estatutario Sergas/sanitario Lei 17/1989.

Adcr. Adm. p.: A20(7): adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., persoal sanitario da Lei 17/1989 e persoal estatutario do Sergas.

Formación específica: 640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file