DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 25 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución da solución de evacuación conxunta dos parques eólicos de Estivada e Zamorra, nos concellos de Antas de Ulla, Agolada, Lalín e Vila de Cruces (expediente IN08A 2023/003).

Advertido un erro no dito acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia número 84, do luns 29 de abril de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Nas páxinas 26350 e 26426, no sumario, onde di: «Acordo do 22 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución da solución de evacuación conxunta dos parques eólicos de Estivada e Zamorra, nos concellos de Antas de Ulla, Agolada, Lalín e Vila de Cruces (expediente IN08A 2023/003)», debe dicir: «Acordo do 25 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución da solución de evacuación conxunta dos parques eólicos de Estivada e Zamorra, nos concellos de Antas de Ulla, Agolada, Lalín e Vila de Cruces (expediente IN08A 2023/003)».