DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28252

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de abril de 2024, polo que se nomea vogal do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 22 de abril de 2024, adoptou, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, o seguinte acordo:

«Nomear, en virtude do establecido no artigo 35.ter da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, vogal do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia a Mónica Fernández Santas (no código do posto FC.C09.00.000.15770.012)».

Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto na base quinta da Orde do 9 de xaneiro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 12 de xaneiro de 2024).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro