DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Campo Lameiro (expediente DH.A36.94603).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Regantes As Tres Fontes.

Expediente: DH.A36.94603.

Volume total anual: 2353,13 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,3 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parcela 878, polígono 52.

Lugar: O Couso.

Parroquia: O Couso.

Concello: Campo Lameiro.

Descrición: a auga cáptase en arqueta ladrillo e condúcese á nave na parcela 403, polígono 51, que contén tres depósitos individuais dos que parten sendas tubaxes cara ás parcelas de rega de cada unha das persoas que compoñen a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de abril de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur