DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo de dúas prazas de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 71, do 25 de marzo de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como funcionario/a de carreira, de dúas prazas de auxiliar administrativo da escala de Administración xeral, polo sistema de oposición libre, previstas na OEP 2022 (BOP núm. 299, do 31.12.2022), así como na OEP 2023 (BOP núm. 296, do 28.12.2023).

Así mesmo, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 88, do 16 de abril de 2024, publicouse a modificación das bases reguladoras da convocatoria antes descrita.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://concellodefoz.sedelectronica.es/info.0

Foz, 26 de abril de 2024

Francisco Cajoto Caserio
Alcalde