DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28157

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras do concurso específico para prover o posto de traballo da xefatura da Sección de Emerxencias.

No BOP de Ourense do día 29 de abril de 2024 publicáronse íntegras as bases da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión dun posto de traballo na RPT da Deputación Provincial de Ourense.

O posto que se convoca é o seguinte:

– Un posto de xefe/a da Sección de Emerxencias (Área de Presidencia).

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días naturais, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse no Boletín Oficial del Estado o anuncio da convocatoria. Deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria e que estará dispoñible na páxina web www.depourense.es, na sección de ofertas de emprego. As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, solicítase que se envíe unha copia da instancia ao enderezo electrónico: persoal@depourense.es

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica da Deputación Provincial, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Ourense, 29 de abril de 2024

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense