DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a actualización das afeccións na parcela afectada tras a presentación dun modificado ao proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2023/126-4).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación do acto administrativo as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Acto notificado

Hrdos. de Ángel Outerelo Ledo

Comunicación do cambio nas afeccións da parcela 36045A018009370000WU (expediente IN407A 2023/126-4 LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval 36AY83 por CTC)