DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDO do 23 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade do inicio de cinco expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáselle publicidade á parte substantiva dos acordos da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Lugo.

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Poñer ao dispor dos interesados os expedientes para que, conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10 días), contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo (982 29 49 57/982 29 41 88/89).

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de ser o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no caso de que o/a interesado/a estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facelo efectivo en calquera banco ou caixa de aforros facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.

Lugo, 23 de abril de 2024

Sagrario Sánchez Ramil
Xefa territorial de Lugo

ANEXO I

Convocatoria de axudas para alumnos con necesidade
específica de apoio educativo

Interesado/a:

NIF: 34264741P.

Importe: 1.826,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.34 Non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a cal se lle concedeu, ao non ter xustificado o aboamento dos servizos de reeducación pedagóxica e reeducación da linguaxe.

Interesado/a:

NIF: 34264741P.

Importe: 1.826,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.34 Non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a cal se lle concedeu, ao non ter xustificado o aboamento dos servizos de reeducación pedagóxica e reeducación da linguaxe.

Interesado/a:

NIF: 34272920E.

Importe: 913,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.34 Non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a cal se lle concedeu, ao non ter xustificado o aboamento dos servizos de reeducación pedagóxica.

Interesado/a:

NIF: 34281605J.

Importe: 154,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.26 Non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a cal se lle concedeu.

Interesado/a:

NIF: 76717296Z.

Importe: 913,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.34 Non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a cal se lle concedeu, ao non ter xustificado o aboamento dos servizos de reeducación pedagóxica.