DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal da Laracha (expediente IN407A 2023/456-1).

Expediente: IN407A 2023/456-1.

Solicitante/promotora/a: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: renovación do apoio nº A3OXXNV7//25 da LAMT 15 kV LAR-706 Carballo-Cogeneración Epifanio Campo 6, por fin da súa vida útil.

Termo municipal: A Laracha.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña LAR-706 autorizado no expediente 27.210, de 516,9 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 23 (matrícula A3VX71I8) de formigón tipo S-AL-HVH-Bóveda-3×CS e nº 27 (matrícula A3LXPKNN) metálico tipo A-AL-C-4500/16-CR-6×CA(CS), consistentes en:

Substitución, respectando a súa situación actual na parcela con referencia catastral 15042A16100148, sita na parroquia de Cabovilaño (San Román), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 24 (matrícula A3SDXB1H) de formigón tipo S-AL-HVH-Bóveda-3×CS, do apoio nº 25 (matrícula A3OXXNV7) de formigón, polo novo apoio metálico tipo A-AL-C-2000/14-CR-6×CA(CS).

Regulación do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no treito da liña LAR-706 de 516,9 metros de lonxitude, comprendido entre os apoios nº 23 e nº 27 existentes, unha vez substituído o apoio nº 25.

2. Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren oportunas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 5 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados - termo municipal da Laracha

Renovación do apoio nº A3OXXNV7//25 da LAMT 15 kV LAR-706 Carballo-Cogeneración Epifanio Campo 6, por fin da súa vida útil

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

Natureza
do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15042A16100148

Agra de Arén

Novo apoio

nº 25

2

Labor ou labradío

de secaño