DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27812

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas do persoal de administración e servizos.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 15 de decembro de 2022 (anunciado no DOG do 26 de decembro), mediante a cal se convocou un proceso selectivo de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección, e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e, con carácter unicamente informativo, no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/
convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de sete días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou alegue a omisión xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición dos tribunais cualificadores, que terán a categoría primeira para as prazas do subgrupo A1 e a categoría terceira para as prazas do subgrupo C1, das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Escala técnica de xestión, subescala administración (A1):

Tribunal titular

Presidente: Marcos Areán González, escala de administración xeral, subescala técnica da Administración xeral do Estado.

Vogais:

– Susana Figueroa Martínez, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Sandra Bueno Rey, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

– Juan José Nieto Montero, corpo de profesores titulares de universidade da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: María Carmen Soengas Seoane, escala técnica superior de administración da Universidade de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente

Presidente: Ernesto Tapia García, corpo técnico da función administrativa do Servizo Galego de Saúde.

Vogais:

– Montserrat González Pérez, escala de administración xeral do Concello de Pontevedra.

– María del Pilar Mahía Porto, escala técnica de xestión da Universidade da Coruña.

– Antonio Santos Guerra, escala de administración xeral, subescala técnica, da Deputación de Pontevedra.

Secretario: Jesús Manuel García Novoa, corpo técnico da función administrativa do Servizo Galego de Saúde.

Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, subescala biblioteca (A1):

Tribunal titular

Presidente: Gerardo Jorge Marraud González, escala superior de técnicos facultativos de bibliotecas da Universidade Carlos III de Madrid.

Vogais:

– Blanca Rodríguez Bravo, corpo de catedráticos de universidade da Universidade de León.

– Fernando Martín Rodríguez, escala de técnicos facultativos de bibliotecas e arquivos da Universidade de Burgos.

– María del Carmen Prieto Ramos, corpo facultativo superior, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos, da Xunta de Galicia.

Secretaria: Ana Quiroga Fraga, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, subescala biblioteca, da Universidade de Vigo.

Tribunal suplente

Presidenta: María Isabel Casal Reyes, escala facultativa de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

– Andoni Calderón Rehecho, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade Complutense de Madrid.

– María Ángeles Ferrer Gutiérrez, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Extremadura.

– Gabriel Quiroga Barro, corpo facultativo superior, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos, da Xunta de Galicia.

Secretaria: Amelia Rodríguez Piña, escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de relacións internacionais, da Universidade de Vigo.

Escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxaría (C1):

Tribunal titular

Presidente: Álvaro Francisco Ron Fernández, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxaría, da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Manuel López Iglesias, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxaría, da Universidade de Vigo.

– Fernando Casal Lago, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxaría, da Universidade de Vigo.

– Cándido Rodríguez Hernández, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala condutor, da Universidade de Vigo.

Secretaria: María Paz Alonso Veloso, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxaría, da Universidade de Vigo.

Tribunal suplente

Presidente: José Antonio Rodiño Lores, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxaría, da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Xabier Rial Boubeta, escala técnica superior de servizos xerais, subescala deportes, da Universidade de Vigo.

– Rodrigo Alverte Pivida, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala deportes, da Universidade de Vigo.

– Luis José Olivares Requejo, escala técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Secretario: Juan José Lorenzo Fungueiriño, escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxaría, da Universidade de Vigo.

Escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala Informática (C1):

Tribunal titular

Presidente: Juan Aguiar Fernández, escala técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Carlos Cuervo Martínez, escala técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

– Carlos Román Lago, escala técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

– Luis José Olivares Requejo, escala técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Secretaria: Alejandra Vilas Rodríguez, escala técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Tribunal suplente

Presidente: José Manuel Portela Jelusich, escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Félix Antonio Medina Méndez, escala técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

– Luis Carral Sánchez, escala técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

– José Luis Vidal Fariña, escala técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Secretaria: María Olga Folgueiras Artime, escala técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Vigo, 25 de abril de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo