DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27954

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Lauraestetiblanco, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do balance final de liquidación.

En cumprimento do establecido na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar en Xinzo de Limia o 26 de febreiro de 2024, acordouse a liquidación de Lauraestetiblanco, S. Coop. Galega en liquidación co seguinte balance final de liquidación:

Inmobilizado material: 20.706,65 euros.

Tesouraría: 7.861,45 euros.

Total activo: 28.568,10 euros.

Capital cooperativo: 30.000,00 euros.

Resultados negativos: 1.431,90 euros.

Total pasivo: 28.568,10 euros.

Unha vez compensados os resultados negativos, pagado aos acredores e cobrados os importes debedores, non habendo ningunha cantidade para poñer ao dispor do Consello Galego de Cooperativas, o inmobilizado material e a tesouraría será adxudicada aos socios.

Xinzo de Limia, 26 de febreiro de 2024

Laura González Blanco
Liquidadora única