DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de abril de 2024 pola que se anuncia a incoación de expediente para a venda directa de embarcación de nome BI ARRI incautada por este organismo.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación do Acordo emitido pola Presidencia o 22 de abril de 2024, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://portosdegalicia.gal, sección Comunicacións e Avisos, epígrafe alleamento de embarcacións, o inicio de expediente para a venda directa da embarcación BI ARRI con matrícula 7ª-BA-390-95 incautada por Portos de Galicia e varada na actualidade no porto de Foz (Lugo).

O Acordo de incoación, as bases aplicables cos seus anexos informando sobre a forma de presentación de ofertas e a taxación da embarcación, poderán ser consultadas e descargadas a través da paxina web https://portosdegalicia.gal, sección Comunicacións e Avisos, epígrafe alleamento de embarcacións.

O prazo máximo para presentar proposicións de compra será de 20 días naturais contados desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia