DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27705

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello da Laracha (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 1 de abril de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«25. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello da Laracha (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello da Laracha en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobada para o efecto por esta deputación provincial con efectos do 1 de xaneiro de 2024».

O anterior faise público para xeral coñecemento.

A Coruña, 8 de abril de 2024

O presidente da Deputación
Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación
Provincial da Coruña