DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27451

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 17 de abril de 2024 pola que se modifica a autorización, por cambio da súa denominación específica, do centro privado Seminario Diocesano Sagrado Corazón, de Lugo.

A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) Seminario Diocesano Sagrado Corazón, de Lugo, solicita o cambio da denominación específica do centro.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización por cambio da denominación específica do seguinte centro privado (CPR):

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Código: 27006425.

Denominación específica actual: Seminario Diocesano Sagrado Corazón.

Nova denominación específica: Seminario Diocesano-San Lorenzo.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición final primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición final segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional