DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27707

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Os Tornos

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral da constitución da Comunidade.

José Carlos Filgueira Solla, veciño do lugar de Almofrei, parroquia de Almofrei, concello Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), mediante este anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa, que terá lugar o 23 de maio de 2024, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, na antiga Casa da Escola de Almofrei, coa seguinte orde do día:

1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases a que, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos, polos cales se rexerá a comunidade.

3. Designación dos membros que integrarán a xunta de goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Suxestións e preguntas.

Almofrei, Cerdedo-Cotobade, 11 de abril de 2024

José Carlos Filgueira Solla
Presidente en funcións da Comunidade de Augas Os Tornos