DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2024/119-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: instalación de dous apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 no Pazo.

Situación: As Neves.

Características técnicas:

Instalación de dous apoios C-1000/14 na LMTA SAL804, tramo SAL8045109.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, en dúas actuacións. A primeira é de 85 metros, coa orixe no apoio proxectado C-1000/14 (1), situado na parcela 723, polígono 23, en Barreiro, e final no apoio existente HVH-3500/13 (ADQEH3NI) da LMTA SAL8045109. A segunda é de 114 metros, coa orixe no apoio existente HVH-4500/13 (ADTMH67D) da LMTA SAL8045109 e final no apoio proxectado C-1000/14 (2), situado na parcela 189, polígono 24, en Trancosa.

A instalación está situada no Pazo, na parroquia de Tortoreos, no municipio das Neves (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 8 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/119-4.

Denominación: instalación de dous apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 no Pazo.

Concello: As Neves.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

m2

2

Trancosa

Rústico

36034A024001890000HI

Descoñecido/a

2

1,44