DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de abril de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da OU-212 (primeira fase): rectificación de trazado (Beariz) e humanización da travesía de Liñares (Avión), de clave OU/23/189.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 8 de abril de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado de mellora da OU-212 (primeira fase): rectificación de trazado (Beariz) e humanización da travesía de Liñares (Avión), de clave OU/23/189.06, nos municipios de Avión e Beariz (Ourense), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da OU-212 (primeira fase): rectificación de trazado (Beariz) e humanización da travesía de Liñares (Avión), de clave OU/23/189.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos cales deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense) e nas casas dos concellos de Avión e Beariz.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora da OU-212 (primeira fase): rectificación de trazado (Beariz) e humanización da travesía de Liñares (Avión)

Clave: OU/23/189.06

Concello de Beariz

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Clase de solo
(catastro)

Clasificación urbanística

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
(m2)

Ocupación
temporal
(m2)

1

32012A02500099

25

99

Emilio Valiñas Rivas

***0304**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

23

2

32012A02500101

25

101

Alejandro Silva Puente

***2676**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

44

23

Lidia Curras Pereira

***1511**

3

32012A02500102

25

102

Sara Lamas Valiñas

***9449**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

15

José Francisco Lamas Valiñas

***8798**

Alfredo Lamas Valiñas

***3577**

4

32012A02500105

25

105

María Asunción Lamas Lamas

***9075**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

31

5

32012A02500106

25

106

María Asunción Sisita Prieto Villaverde

***8137**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

55

19

6

32012A02500107

25

107

Felicita Ogando Pérez

***9853**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

31

14

7

32012A02500108

25

108

Ramón Ogando Pérez

***0926**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

13

8

32012A02500194

25

194

María Asunción Lamas Lamas

***9075**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

7

9

32012A02500196

25

196

Manuel Lamas Gulías

***9229**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

33

22

10

32012A02500198

25

198

Manuel Lamas Janeiro

***9475**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

7

11

32012A02500199

25

199

Jacinta Prieto García

***9466**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

8

12

32012A02500200

25

200

Asunción Balboa Candedo

---

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

10

13

32012A02500201

25

201

Sara Lamas Valiñas

***9449**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

6

José Francisco Lamas Valiñas

***8798**

Alfredo Lamas Valiñas

***3577**

14

32012A02500202

25

202

María Cerdeira Ogando

***9465**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

10

15

32012A00100730

1

730

En investigación

---

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

45

16

32012A00100368

1

368

María Janeiro Pérez

***9456**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

8

17

32012A00100418

1

418

Veciños de Candedo e Forxa

---

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

10

18

32012A02600663

26

663

Veciños de Candedo e Forxa

---

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

2925