DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio e o trámite de audiencia ditados no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2024/98-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle ás persoas interesadas que se relacionan no anexo o inicio e o trámite de audiencia no expediente de reclamación, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinaren o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na avda. Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 15 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente reclamación: IN635A 2024/98-4.

Persoa interesada:

NIF: 78732634T.

Acto notificado: inicio.

Expediente reclamación: IN635A 2024/98-4.

Persoa interesada:

NIF: 78732634T.

Acto notificado: trámite de audiencia.