DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Reforma LMTA TUI803 Hospital.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA TUI803 Hospital, no concello de Tomiño, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 18 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/379-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Reforma LMTA TUI803 Hospital.

Concello: Tomiño.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36054A052003870000EU

Descoñecido

27 de maio de 2024

2024/54/164

2

36054A052003560000EH

Descoñecido

27 de maio de 2024

2024/54/163