DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27198

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 18 de abril de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, convocados pola Orde do 5 de marzo de 2024.

Mediante a Orde do 5 de marzo de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 21 de marzo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na extinta Consellería de Política Social e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlles destino aos/as funcionarios/as cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Orde da extinta consellería de Política Social e Xuventude, do 5 de marzo de 2024, nos postos de traballo que se indican no mesmo anexo.

Segundo. O cesamento no actual destino dos/das funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino os/as funcionarios/as están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou dun mes se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A xefatura de persoal dos centros onde causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel en que obteñan destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO

Apellidos y nombre

NRP

Grupo

Cuerpo/escala

Denominación del puesto

Código

Nivel

Centro destino

Localidad

Viñas Penelas, Óscar

****804713 A208G

A1

Corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade psicoloxía

Director/a Centro de Menores

PS.C99.40.301.27550.001

28

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Rábade

Cortiñas Álvarez, María José

****189868 A208A

A2

Corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade enfermaría

Director/a Residencia de Maiores

PS.C99.40.801.27001.001

25

Residencia de Maiores
A Milagrosa (Lugo)

Lugo

López-Quiroga Núñez, Jesús

****540046 A2053

C1

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Director/a administrador/a

PS.C99.40.802.27300.001

25

Residencia de Maiores (Monforte de Lemos)

Monforte de Lemos