De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18 de abril de 2024, do proxecto parque eólico Muruás, nos concellos de Muras e Ourol (Lugo) promovido por Adelanta Corporación, S.A.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa) e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático